jueves, 30 de abril de 2020

Cómo enviar vídeo á profe ou ficha interactiva

Para enviar unha ficha interactiva cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com
Non esquezades premer en "enviar"
Debido a que algúns pais/nais me comunicaron que non me daban enviado vídeos aquí vos deixo algúns pasos a seguir:

1. Para que non pesen os vídeos tedes que grabalos en baixa resolución (mira na configuración/axustes da cámara) ou outra forma moi fácil de comprimilo é mandarllo a unha persoa de confianza (por ex. a túa parella) por whatsapp e unha vez que llo envÍes a él, xa lle vai chegar comprimido. 

2. Dende o whatsapp da persoa á que llo enviaches , manter clicado o archivo de vídeo e utilizar a opción de compartir por gmail con beacolemonterroso@gmail.com

3. Outra opción sería gardalo no drive e dende ahí compartir con beacolemonterroso@gmail.com 

Se fixestes todo esto e aínda non o conseguistes, non desesperedes!! Confórmome con que os nenos estean realizando as propostas musicais que máis lles gusten e o máis importante de todo, que esteades ben e que disfruten coa música!!