viernes, 27 de marzo de 2020

¿Porqué Música?


Agora entenderedes porqué insisto tanto en que toquedes a frauta doce e todos os instrumentos do mundo que poidades...

Aprendendo a tocar un instrumento os efectos positivos sobre o cerebro prodúcense debido a que para poder tocar un instrumento, é necesaria unha complexa integración de información multimodal: motora, sensitiva, visual e auditiva.
Os nenos que reciben entrenamiento musical desenrolarán no futuro mellor memoria verbal, precisión na pronunciación dun segundo idioma, capacidade de lectura e funcións executivas, ademáis dun mellor rendemento académico e un coeficiente intelectual máis alto. Tocar un instrumento supón, ademáis, unha gran motivación que exise compromiso, con todo o bo que eso implica.






Bo fin de semana e que a música non pare!!

jueves, 26 de marzo de 2020

Percusión corporal

A percusión corporal é unha disciplina que crea sons e ritmos usando únicamente partes do corpo. Está presente en numerosas tradicións, culturas e folklore de moitos países. É un método que consiste en dar golpes suaves en partes do corpo cos dedos, as mans ou con pequenos instrumentos como parte dunha exploración física. Proporciona unha experiencia directa no ritmo, tempo e métrica.


1º y 2º Primaria



2º y 3º Primaria     



 4º, 5º e 6º Primaria



5º e 6º Primaria 

miércoles, 25 de marzo de 2020

Contos musicais

Os contos transmiten valores importantes de forma sinxela e divertida.
Este tipo de narracións, a miúdo fantásticas, soen inspirar ilusión e ofrecernos un mundo único no que perderse, ademáis de que o momento de contalos implica un acto de comunicación positiva entre o relator e o oínte.
Existe unha gran cantidade de contos diferentes nas distintas culturas e sociedades que deixan ver diversos valores, costumes e creencias que se valoran en cada unha delas. 
A música, como toda manifestación artística, é un producto cultural con múltiples finalidades, entre outras, a de suscitar unha experiencia estética no oínte, de expresar sentimentosemocións, circunstancias, pensamentos ou ideas, e cada vez máis, cumplir unha importante función terapéutica a través da musicoterapia. Por iso se lle añadides música aos contos teredes a mellor combinación que se pode facer xa que os contos musicais son pedagóxicos para a ensinanza musical.





Para infantil: "Violín" e "O polo Pepe".





Para os máis pequenos: "Pinocho" e "Cidade Melodía"





martes, 24 de marzo de 2020

E como din por ahí... ó mal tempo boa cara!!

Hoxe toca mover o esqueleto!!!
Aproveitade para ser profes por un día e ensinárllela a todos os da casa e así poder ter un espazo para bailar en familia!

Bailar ten repercusións favorables no organismo xa que mellora a saúde física e mental e provoca máis felicidade. A danza estimula a mente e agudiza as habilidades cognitivas en todas as idades. Cando escoitamos música sáenos de forma espontánea e case inconsciente poñernos a bailar o ritmo que marca a música porque sentimos unha gran necesidade de comunicarnos, contar historias e expresar sentimentos a través do movemento.

Para os máis cativos: Chuchuwa

O baile do sapiño

Para os medianos: O xogo da carrasquiña

Para os maiores: Dança da cirigoça


lunes, 23 de marzo de 2020

Os signos musicais

Tarefa para 5º e 6º curso de Educación Primaria.
Completa as frases arrastrando as palabras na orde correcta
Preme aquí

Construcción de instrumentos musicais

Aquí vos deixo videos tutoriais e imaxes para que vexades como construir instrumentos musicais. Unha maneira de estar entretidos, reciclar e ademais convertirse nun auténtico luthier!
Animádesvos a facer algún?

MARACAS

TAMBORES

GUITARRA


FRAUTA ANDINA

PAU DE CHOIVA

XILÓFONO

TROMPETA


Xogo de memoria musical e visual

Se queredes entrenar a vosa memoria musical e visual premede aquí

Sigue o patrón de luces e sons todo o tempo que poidas!

miércoles, 18 de marzo de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

Para os nen@s de 3º curso



Pulsa enriba e preme na nota para saber como soa, fíxate onde vai colocada a nota e cales son os buratiños que tes que tapar. Lembra estudar todos os días!


Practicamos a nota si

"Wrong Blues"


Practicamos a nota la

"A nota La"




Practicamos as notas Si e La

"Vals do espía"








Karaoke para os nen@s

Chocolata

Miña abuela Manuela

O moucho

Uxía Lambona e a vaca molona

Karaoke: la cucaracha

Para os máis cativos

NOTAS MUSICALES
Para escoitar e entoar