viernes, 17 de abril de 2020

Sinfonía do Novo Mundo de A. Dvorack e Minueto en Sol de J. S. Bach

Xa recibín varios vídeos vosos tocando o segundo movemento da Sinfonía do novo mundo e o Minueto en Sol de J. S. Bach o que me alegrou moitísimo :) pero tamén me deixou entrever que algúns non as estades interpretando ben rítmicamente, polo que aquí vos deixo un vídeo e un audio para que o poñades de base e toquedes por riba dela(como facemos na clase)
Coidádevos moito!!





Recordade que para enviarme os vídeos só tedes que gardalos no drive e despois compartir o enlace ;)