sábado, 30 de mayo de 2020

Isaac et Nora

Aquí vos deixo a habanera "Veinte años" marabillosamente interpretada por Isaac de 11 anos e Nora de 8, aficionados á música grazas ao seu pai Nicolás, orixinario de Seúl, Corea do Sur. 
Con letra de Guillermina Aramburú e música de María Teresa Vera, quen a cantou durante moitos anos e inmortalizouna! Interpretada entre outros por Omara Portuondo, Ibrahím Ferrer... e o 1 de xuño de 2019 por estes dous nenos franceses que a fixeron viral en internet. 


Que teñades un feliz fin de semana!


jueves, 28 de mayo de 2020

Cultura musical


Preme na seguinte imaxe e atoparás un xogo para aumentar a túa cultura musical!! Primeiro debes prestar atención e despois xogar co aprendido. Boa sorte!




miércoles, 27 de mayo de 2020

Pinto a cara do sol

Trátase de debuxar ao ritmo da canción!! Primeiro debemos aprender moi ben a canción e logo debuxamos. Podedes debuxar co que queirades: rotuladores, ceras, pinceis, lápices de cores, bolígrafos, etc. Co que máis vos apeteza e teñades á man!

1º.- Aprendemos ben a canción con este audio:


"Pinto la cara del sol,
pinto la cara del sol, 
con muchos rayitos a su alrededor.
Un ojo, dos ojos
y un gran bocatón
y muchas pequitas cuando hace calor."

                                            (Tita Maya)

2º.- Vemos este vídeo e practicamos o debuxo nun papel primeiro cantando nós e despois coa música do vídeo.




martes, 26 de mayo de 2020

Fantasía


Fantasía  é unha película de animación feita polos estudios Disney, estreada o 13 de novembro de 1940. Precedida polo gran éxito de Brancaneves e os sete ananos (1937) e Pinocho (1940), trátase da terceira película de animación Disney producida por Walt Disney, e como as anteriores, recoñécese como unha animación clásica.
A súa composición foi un traballo experimental sen diálogos (agás as breves intervencións do director de orquestra e Mickey Mouse) cuxo obxectivo é ilustrar ou acompañar temas de música clásica con animación. Son oito pezas musicais, a maioría interpretadas pola orquestra Filadelfia dirixida por Leopold Stokowski, que acompaña sete secuencias de animación.
Con tod@s vós unha das miñas favoritas....." O aprendiz de bruxo"


Fantasía Disney, una ficha interactiva de EduardoRH
liveworksheets.com

lunes, 25 de mayo de 2020

Escala pentatónica

Aquí vos deixo un xogo para repasar as notas musicais da escala pentatónica: Do, re, mi, sol, la, do´
Podes ler, escribir ou escoitar!
Cantos puntos acadaches??



viernes, 22 de mayo de 2020

As familias

Con esta curta quero facer un pequeno homenaxe a todas as familias que vos unistedes as miñas propostas musicais. Moitos estades enviándome audios, fichas, debuxos, vídeos que o demostran. Porén, non sempre os pais sabedes/sodes músicos, pero sí estades animando aos vosos fill@s a tocar cada día e, sobre todo, estádelos educando con música, que para min, como docente, é fundamental. 

Así que, sólo podo darvos as grazas!
A world with music is a wonderful one! 
Que teñades bo fin de semana!


jueves, 21 de mayo de 2020

Recoñecemento auditivo

Aquí vos deixo unha actividade de recoñecemento auditivo sobre animais e instrumentos musicais
Para Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com

Non esquezades premer en "enviar" 



Audición activa

Aquí vos deixo unha actividade de audición activa sobre os instrumentos musicais
Para 3º,4º, 5º e 6º de Primaria.
Non esquezas enviarma a beagarclarinete@gmail.com


martes, 19 de mayo de 2020

Obras orixinais

Aquí vos deixo algún enlace ás pezas orixinais das partituras que tocades coa frauta porque tal vez hai persoas que non coñecen as obras e así tamén vos podedes guiar por elas.

Para rematar un xogo-concurso sobre os compositores clásicos


lunes, 18 de mayo de 2020

Jazz Lullabies

Escoitar música provoca a liberación de dopamina no noso cerebro. A dopamina é un neurotransmisor que promove sentimentos de felicidade e excitación. Algúns estudos coinciden en que as persoas poden ser mellores para resolver problemas cando se atopan nun estado de ánimo positivo en comparación con cando se atopan nun estado de ánimo negativo ou neutral. Así que pode converterse nun bo aliado ao afrontar retos no traballo ou no estudo.

Beneficios de estudar con música:
- Unha música tranquila e relaxante pode axudar aos estudantes a superar o estrés ou a ansiedade mentres estudan.
- A música de fondo pode mellorar o foco nunha tarefa proporcionando motivación e mellorando o estado de ánimo. Durante longas sesións de estudo, a música pode axudar á resistencia.
- Nalgúns casos, os estudantes descubriron que a música axuda coa memorización, creando probablemente un estado de ánimo positivo, o que indirectamente aumenta a formación de memoria.
Proposta para Infantil e 1º ciclo: Esta música relaxante é para que os nen@s pinten e se inspiren no seu traballo creativo. Usar música para pintar é un bo xeito de potenciar a creatividade!



domingo, 17 de mayo de 2020

Germán Díaz

Germán Díaz (Valladolid, 13 de decembro de 1978) é un músico español que reside en Arneiro. Compositor e intérprete de Hurdy Gurdy, considérase un dos intérpretes máis innovadores deste instrumento en Europa e algúns chamáronlle "o Jimi Hendrix of Hurdy Gurdy". É coñecido pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co baixista galego Baldo Martínez.
Preme aquí se queres ter máis información sobre os seus discos, instrumentos, talleres didácticos, etc.
Aquí vos deixo un vídeo adicado a tod@s vós!
"Para que los niños nunca dejen de cantar y de soñar cuentos... letra de Paula Carballeira: Os sete ananiños"
"Una canción para tod@s l@s niñ@s, que nos hacen mejores personas, y nos dan alivio y luz en estos tiempos inciertos"


viernes, 15 de mayo de 2020

Letras galegas 2020

Aquí vos deixo unha compilación de recursos para celebralas como se merecen!

  • Un pequeno resumo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero

  • Proxecto educativo da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Ed,.Embora. As pitas baixo a choiva: o conto e a música
http://aspitas.gal/?fbclid=IwAR0-Z6ppV7un_IvGfzmYk07DDmo6MfkxaqfQubXqR6cP86xkduSXNUHYwqA


  • Un xogo de investigación para os maiores (5º e 6º curso)
https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20


  • E para rematar un preguntoiro musical moi divertido!


Bo fin de semana a tod@s!!!
Que teñades boas letras galeg@s!!!

jueves, 14 de mayo de 2020

Afina o teu oído

Unha ficha interactiva para afinar os vosos oídiños!
Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com

Non esquezades premer en "enviar" 



Afina tu oído 2, una ficha interactiva de ProfeFelix
liveworksheets.com

lunes, 11 de mayo de 2020

As figuras musicais

Aquí vos deixo unha actividade nova, unha ficha interactiva que podedes facer aquí mesmo para repasar.

Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com


Non esquezades premer en "enviar" 



Las figuras musicales, unha ficha interactiva de Inmamusica

liveworksheets.com


viernes, 8 de mayo de 2020

Paloma Pinto Viloria

A clarinetista lucense Paloma Pinto Viloria, membro da Sinfonieta de Jönköping ofrece baile e música como unha revelación no clip da orquestra na que traballa. Aquí un párrafo da Contradanza, escrita polo clarinetista cubano e saxofonista Paquito D´Rivera e forma parte da actuación infantil "Canciones, play sonidos"

Como na orquestra non poden actuar xuntos, crearon cuartetos, pequenas agrupacións, solistas para actuar en colexios, residencias, etc. Paloma gravou este ensaio dunha obra que preparan para os colexios.


Sabedes o que di cando fala no final do vídeo?

Hola, me llamo Paloma y soy clarinetista en la Sinfonietta de Jönköping. Ahora estoy ensayando para una grabación que junto con dos de mis compañeras de la orquesta, Lou y Kerstin, vamos a hacer  una producción para niños. En ella además de tocar nuestros intrumentos, hablamos en diferentes idiomas y bailamos y... Resulta que tocar el clarinete y bailar al mismo tiempo no es tan fácil como yo pensaba...Creo que necesito seguir practicando!"

Bo fin de semana para tod@s!

jueves, 7 de mayo de 2020

Kane Nelu e Amoriños collín

Para os nen@s de 4º curso aquí vos propoño dúas partituras para practicar coa frauta:







A galiña turuleca

Adicamos a proposta aos máis pequenos. Porén, é unha canción que todos temos cantado, xa que moitos medramos con ela e con outras moitas das que cantaban os famosos pallasos da Tele. 

Nesta ocasión, propóñovos:"A galiña Turuleca"



5º e 6º curso podedes descargar aquí a partitura para practicar coa frauta


martes, 5 de mayo de 2020

Oidíños ben atentos!!

Aquí vos deixo un xogo para traballar a discriminación auditiva para distinguir os timbres de moitos instrumentos musicais. Queredes probar canto sabedes?

https://aprendomusica.com/const2/44instrumsuena/game.html

lunes, 4 de mayo de 2020

Obradoiro lúdico musical

Neste Obradoiro trabállanse conceptos básicos da linguaxe musical e a interpretación vocal. Está dirixido por Esperanza Mara, música profesional, profesora, investigadora musical e monitora de musicoterapia.

Nesta primeira sesión fai fincapé no canto, o pentagrama, a intensidade, a clave de Sol, as figuras musicais, percusión corporal, pequenos instrumentos, coreografía e o protocolo a seguir para facer un concerto :1. Entrada, 2. Concentración, 3. Actuación , 4. Agradecemento e 5.Fin.



viernes, 1 de mayo de 2020

Aí vén o maio!

Os maios é o nome dun festival popular galego que forma parte do chamado ciclo de maio, un tempo de exaltación da natureza a principios da primavera, cuxas orixes se remontan ás civilizacións prerromanas. Adoita celebrarse ao redor do 1 de maio. Durante as festas, representacións, bailes e cancións realízanse arredor dos maios, estruturas tradicionalmente inspiradas nas figuras das árbores pero que hoxe adoptan formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.

Neste mes tradicionalmente celebrábase por toda Galicia a festa dos Maios, en cada zona xeográfica cunha representación diferente: así temos maios cónicos, maios figurados, Maias, e na provincia de Lugo os Maios humanos, xa descritos por Álvaro Cunqueiro. Este tipo de celebración pagá, tiña como fin celebrala chegada do bo tempo, tiña un fin propiciatorio para obter boas colleitas, afastar as inclemencias meteorolóxicas. Tamén a chegada do florecer e espertar da nai natureza.

Había dous tipos de cantigas para cantar arredor dos maios. Son raras as composicións tradicionais (só sobreviven en Portomarín e Lourenzá), que se aprenden e repiten ano tras ano. Máis comúns son os textos que se redactaron para cada ano, recollendo feitos da actualidade e, cada vez máis, críticas políticas. Estas coplas están impresas en follas cortadas que se venden aos asistentes. O museo de Pontevedra e a biblioteca Ben-Cho-Shey (na deputación de Ourense) contan con extensas coleccións que se cantaron ao longo do século XX. Nalgúns deles, comprobáronse os efectos da censura que modificaban os textos que a autoridade de servizo consideraba inapropiados.
 
Por todo isto, ahí vai o Maio, e que nesta ocasión espante a este coronavirus, e nos permita voltar a reencontrarnos todas e todos. 

 Que teñades un bo fin de semana!!

O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
Cantado e musicado por Luis Emilio Batallán