jueves, 30 de abril de 2020

Cómo enviar vídeo á profe ou ficha interactiva

Para enviar unha ficha interactiva cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com
Non esquezades premer en "enviar"
Debido a que algúns pais/nais me comunicaron que non me daban enviado vídeos aquí vos deixo algúns pasos a seguir:

1. Para que non pesen os vídeos tedes que grabalos en baixa resolución (mira na configuración/axustes da cámara) ou outra forma moi fácil de comprimilo é mandarllo a unha persoa de confianza (por ex. a túa parella) por whatsapp e unha vez que llo envÍes a él, xa lle vai chegar comprimido. 

2. Dende o whatsapp da persoa á que llo enviaches , manter clicado o archivo de vídeo e utilizar a opción de compartir por gmail con beacolemonterroso@gmail.com

3. Outra opción sería gardalo no drive e dende ahí compartir con beacolemonterroso@gmail.com 

Se fixestes todo esto e aínda non o conseguistes, non desesperedes!! Confórmome con que os nenos estean realizando as propostas musicais que máis lles gusten e o máis importante de todo, que esteades ben e que disfruten coa música!!


Linguaxe musical




Este vídeo sirve para repasar os contidos máis importantes da linguaxe musical:
Pentagrama, notas musicais e claves.


Proposta de actividades:
Para 1º e 2º curso: Visualización do vídeo.
Para 3º e 4º curso: Visualización do vídeo e pequeno resumo dos contidos.
Para 5º e 6º curso: Visualización do vídeo, resumo dos contidos e sinalización de cada un deles nunha partitura.

miércoles, 29 de abril de 2020

Día Internacional da Danza

En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como
 Día Internacional da Danza.

O obxetivo do Día Internacional da Danza é reunir a todos os que elixen esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a danza e a súa diversidade.
Con esta celebración búscase fomentar a participación e a atención do público sobre a importancia do arte e a cultura da danza

A mellor forma para celebrar este día é simplemente bailar. Disfrutemos da danza e a música cos nosos irmáns, pai, nai ou familiares. Intentemos bailar algo que xamais practicaramos: salsa, rumba, tango, chachachá, tap, hip hop, etc. 
Celebremos o baile con alegría!!

Busquemos vídeos ou películas relacionadas co ballet e vexámola en familia ou deixemos que os máis pequeños nos preparen un bo espectáculo. En fin, compartamos e expresémonos a través do baile. E non olvides compartir a tua experiencia conmigo!!

Dende o Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público (Fundación Cidade da Cultura de Galicia) tamén nos envían unha ficha didáctica para o alumnado de primaria para celebrar o Día da Danza.

Coa axuda da Raposa Fedella, presentan un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.

Así que se tes tempo, preme no seguinte enlace para acceder á ficha:

martes, 28 de abril de 2020

Estaba o Señor Don Gato


Aquí vos deixo unha canción popular infantil que con esto do confinamento parece que estamos vivindo sete vidas
Unha aperta grande!!

Descarga a partitura




Propostas musicais:

-Para 1º, 2º, e 3º curso canta a canción, fai un debuxo, graba un audio e envíamo.
-Para 4º, 5º e 6º curso toca a partitura coa frauta, graba un vídeo e envíamo.
Recordade que para enviarme os vídeos só tedes que gardalos no drive e despois compartir o enlace ;)

lunes, 27 de abril de 2020

The Pink Panther

Viches algunha vez os debuxos da Pantera Rosa??

Pois para a túa información, os debuxos creáronse a partires dunha película co mesmo nome e foi estrenada en 1963. A música da pantera rosa foi composta por Henry Mancini e por ela gañou un premio Grammy
Henry Mancini foi un compositor estadounidense moi importante de música para películas seguindo o estilo do jazz e con influencias latinas.

Así é como sona o tema principal da pantera rosa:


domingo, 26 de abril de 2020

Tocar un piano entre sete persoas?

A creatividade, o traballo en equipo e a sincronización unidas para obter un resultado increíble!
Aquí vos deixo un vídeo no que se demostra cómo se pode tocar un piano entre sete persoas! 
Feliz domingo!!



viernes, 24 de abril de 2020

Lectura melódica

Primeiro imos repasar as notas musicais: DO, MI e SOL



Unha vez repasadas e sabendo onde se colocan no pentagrama cada unha delas, imos solfear as seguintes leccións.







Se xa sabedes cales son as notas, agora escoitade atentamente o piano e intentade entoalas.
Bo traballo!!!

A clave de sol

Se queres aprender a debuxar a clave de Sol pincha aquí

Trivial musical

¿Xogamos?

  TRIVIAL MUSICAL

Na páxina web aprendomusica.com atopei este Trivial Musical no que aparecen preguntas sobre instrumentos musicais, notas, linguaxe musical, audición, compositores, etc.
Preme e divírtete xogando!

https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

jueves, 23 de abril de 2020

Moi feliz Día do libro!!


E hoxe 23 de abril de 2020 non podía pasar sen desexarvos a tod@s un moi moi  
Feliz Día do Libro 

e ademais aconsellarvos que leades moito nestes tempos de confinamento e que o pasedes xenial rodeados de grandes historias que vos leven a mundos fermosos e inimaxinables.

Déixovos aquí as miñas recomendacións:




miércoles, 22 de abril de 2020

As partes do corpo...

Para os meus pequerrech@s  deixo aquí unha recompilación de cancións para repasar as diferentes partes do corpo.


"Cabeza, ombreiro, xeonllo e pé"



"Co meu dediño..."


"O mariñeiro baila"



"A cabeza si, a cabeza non"



martes, 21 de abril de 2020

Sheila Blanco

Cun gran sentido do humor e capacidade de síntese narra a vida dos compositores empregando algunhas das súas pezas máis coñecidas para isto. Sheila Blanco, compositora, cantante, instrumentista e xornalista  publicou nas redes sociais e na súa canle de YouTube estas biografías musicais atípicas: Bach (coa música da «Badinerie»), Mozart (na súa «Marcha turca»), Beethoven (coa "Quinta Sinfonía"), Wagner (na "Cabalgata das Valquirias") e Debussy (en "Arabesque nº 1").

Sheila Blanco asegura que non se debe entender a música. "Só ten que ser emocionante. Cando o fai, estamos no bo camiño. O resto é máis ». É certo, engade, que hai xente que "considera a música clásica un gueto privado," vip ", e contra os que a consideran aburrida e anticuada. Ambas son mentiras.
A música é un legado e todos podemos gozar dela » Aquí vos deixo a mostra!!



Abraham Cupeiro

É un gran constructor e multiinstrumentista. Recupera instrumentos perdidos no tempo, e utilízaos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas.
Abraham recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles  dende a súa música ata música de hoxe en día, e mézclaos con formacións modernas.



Aquí vos deixo a súa páxina web: https://www.abrahamcupeiro.com/ e anímovos aos alumn@s de 2º e 3º ciclo de primaria a facer unha frautiña ou un punteiro con bordón para os máis atrevidos!!

viernes, 17 de abril de 2020

Non todo vai ser estudar...

E como non todo vai ser estudar aquí vos deixo unha proposta musical ben divertida de Paquito Chocolatero. Así que deixade o lápis e a libreta e collede os apeiros!!
Ides necesitar: 1 cazo, 1 tixola e 2 culleres.

Poñede o audio a todo volume e seguide o musicograma!!!


Sinfonía do Novo Mundo de A. Dvorack e Minueto en Sol de J. S. Bach

Xa recibín varios vídeos vosos tocando o segundo movemento da Sinfonía do novo mundo e o Minueto en Sol de J. S. Bach o que me alegrou moitísimo :) pero tamén me deixou entrever que algúns non as estades interpretando ben rítmicamente, polo que aquí vos deixo un vídeo e un audio para que o poñades de base e toquedes por riba dela(como facemos na clase)
Coidádevos moito!!





Recordade que para enviarme os vídeos só tedes que gardalos no drive e despois compartir o enlace ;)

miércoles, 15 de abril de 2020

O poliño e a galiña

Aquí tedes a partitura, e aquí podes escoitala. Tamén vos deixo un arranxo, por cortesía de Rafael Páez Perza: audio.   

O alcance desta canción é moi cómodo: de do a la, empregando os graos conxuntos e o intervalo de quinto ascendente e descendente; Isto permitirá unha correcta sintonización incluso cos máis pequenos. 

O texto e o ritmo tamén nos axudan a convertelo nunha ferramenta moi útil para poder introducir algúns elementos musicais para traballar (como o acompañamento rítmico ou a ortografía), ás veces impensable nestas idades. 

Debemos aproveitar as facilidades que nos ofrece para ser un pouco rigorosos nos aspectos nos que queremos traballar e intentar que o resultado sexa o máis coidado posible na afinación, na pronunciación do texto e no ritmo. Pode parecer un pouco atrevido porque estamos falando de nenos e nenas moi pequenos pero se se fai pouco a pouco, paso a paso e con paciencia podemos conseguir resultados realmente bos. Ademais, xogamos coa vantaxe de que lles gusta moito e raramente se cansan de repetilo unha e outra vez. 

Un segundo soporte é o musicograma. Tamén nos axudará a captar a atención dos nenos e conseguir unha aprendizaxe moito máis significativa. Co musicograma que vos propoño, poderemos facer unha introdución á ortografía musical. Sinalamos o dedo cos debuxos correspondentes mentres os nenos cantan a canción.

O terceiro soporte é só para o 3º ciclo de Primaria. Propoño que o toquedes primeiro coa frauta e despois se practicades/tocades co voso instrumento musical persoal. Anímovos a que me enviedes un vídeo tocando "O poliño e a galiña" ao meu correo persoal. Se pinchades nas imaxes atoparedes unha mostra coa frauta e despois co clarinete.


FRAUTA                   CLARINETE

Tocamos a frauta... para os nen@s do 3º curso de Primaria



Notas musicais...


 Atrapa todas as notas que poidas na clave de Sol. Primeiro entrena a túa vista e despois o teu oído. Vai de menos a máis e a continuación elixe ti as notas.
Pincha na seguinte imaxe e moita sorte!!!




Bailar e masaxear... quen se ofrece?

Propoño o Preludio de Carmen, de G. Bizet, que forma parte da Ópera Carmen, estrenada en Francia no 1875.
É un tema que nos vai moi ben para traballar a intensidade, forte e suave, e a enerxía máis explosiva e expansiva, con outra máis contida e controlada.
Desenrolaremos dúas propostas:
BAILE
Comezamos a partir da audición do Preludio. Preparámonos para a escoita activa. Coñecedes a alguén que se chame Carmen?(intentamos crear vínculos entre a música e as experiencias dos nenos). Despois de escoitar a canción preguntamos: como é esta música? Gústache? Sempre soa igual? ... Aquí comezarán a aparecer palabras como forte, frouxo, rápido, lento, suave ... Despois preguntarémoslles se poderían facer un movemento forte cos brazos, como sería? e ... como sería un movemento suave? Entón, aínda sentados, escoitaremos de novo o Preludio, esta vez seguiremos o pulso golpeando as mans sobre as pernas nos momentos fortes, e improvisaremos cos brazos no aire nos momentos suaves. Agora propoñemos, de pé e de novo en silencio, como sería un movemento forte con todo o corpo? e .. como sería un movemento suave? Observamos as propostas, podemos experimentalas para construír vocabulario corporal. Agora si, escoitamos de novo o Preludio de Carmen e improvisamos bailando libremente polo espazo. 
MASAXE 
Cando comezamos as masaxes é necesaria unha preparación. Explicamos o feito de que nos achegamos uns aos outros con respecto e coidado. Podemos falar da columna vertebral, unha parte importante e delicada do corpo, por onde pasan os nervios que nos permiten movernos. Non podemos tensar a columna vertebral; Espremeremos e masaxearemos os lados do lombo, os brazos, as pernas e a cabeza con coidado. Tamén é importante dicir á persoa que recibe a masaxe que debe queixarse ​​se algo lles molesta ou disgusta. Estamos creando relacións de contacto corporal. É importante que sexan saudables, ben vividas. Escoitamos o Preludio e, por parellas, un está de boca abaixo e o compañeiro dálle masaxes segundo as instrucións musicais. Podemos falar de diferentes xeitos de tocar, tocar, acariciar, debuxar, exprimir, sentir, presionar momentaneamente ou máis ... Despois cambiamos os roles. 
Finalmente preguntaremos: Gustouche a masaxe? Que é o que máis che gustou, regalalo ou recibilo?


viernes, 3 de abril de 2020

Discriminación auditiva...

O seguinte parámetro que imos traballar é a percepción musical. Dentro da mesma plantexarei actividades de discriminación auditiva.

Se pinchades nas seguintes imaxes, atoparedes dous xogos. O primeiro, sons de animais, é máis sinxelo poden facelo eles/elas sós. O segundo, sons da cidade, require da axuda dunha persoa maior.




Cada xogo contén 10 imaxes e 10 sons, nembargantes só se presentan 8 no xogo.
Cando soa temos que pulsar a imaxe que cremos que se corresponde con ese son.
Se non é a correcta o fondo de pantalla poñerase vermello e seguirá sonando ata que adiviñemos cal é o son.
O obxetivo é recoñecer os diferentes sons e asocialos a súa imaxe.