En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como
Día Internacional da Danza.
O obxetivo do Día Internacional da Danza é reunir a todos os que elixen esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a danza e a súa diversidade.
Con esta celebración búscase fomentar a participación e a atención do público sobre a importancia do arte e a cultura da danza.
A mellor forma para celebrar este día é simplemente bailar. Disfrutemos da danza e a música cos nosos irmáns, pai, nai ou familiares. Intentemos bailar algo que xamais practicaramos: salsa, rumba, tango, chachachá, tap, hip hop, etc.
Celebremos o baile con alegría!!
Busquemos vídeos ou películas relacionadas co ballet e vexámola en familia ou deixemos que os máis pequeños nos preparen un bo espectáculo. En fin, compartamos e expresémonos a través do baile. E non olvides compartir a tua experiencia conmigo!!
Dende o Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público (Fundación Cidade da Cultura de Galicia) tamén nos envían unha ficha didáctica para o alumnado de primaria para celebrar o Día da Danza.
Coa axuda da Raposa Fedella, presentan un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.
Así que se tes tempo, preme no seguinte enlace para acceder á ficha: