miércoles, 17 de junio de 2020

Despedida

Ola a tod@s!
Primeiro decirvos que estou moi agradecida a tod@s pola vosa adicación, traballo e implicación. Dende que cheguei ao cole de Monterroso, no ano 2012, leveime gratas sorpresas cos alumn@s. Sempre con ganas de aprender, de mellorar e sobre todo de superarse!
Este curso ademais de ser distinto para tod@s, tócame despedirme de todos vós. Resulta unha despedida un tanto extraña, xa que o que máis me gustaría antes de irme sería recibir o voso agarimo, dos meus alumn@s; dos que cada día aprendo que o meu traballo non consiste en ensinar o que se pode aprender, senón en acender a imaxinación, incentivar a curiosidade, a creatividade...
Mil GRAZAS ás familias por animar aos vosos fillos a tocar cada día e sobre todo, por educalos con música, que para min como docente é fundamental.
Mil PARABÉNS aos meus alumn@s por adaptarse a cada unha das circunstancias, dando sempre a altura e esforzándose coas tarefas día tras día. Sodes uns campeóns, fixéstelo xenial!
Sei que me quedan as portas abertas no Ceip Plurilingüe de Monterroso e quero que saibades que podedes contar conmigo para o que necesitedes. Deséxovos a tod@s o mellor e que pasedes un FELIZ VERÁN!! xa que o tedes máis que merecido!!
Moitos bicos e apertas para toda a comunidade educativa do Ceip de Monterroso.
Que a música estea sempre presente nas vosas vidas e con ela un anaquiño do meu corazón.
A profe Bea 💗






martes, 16 de junio de 2020

Trivial musical 2

E agora que xa sabedes un montón de cousiñas de música aquí vos deixo o Trivial Musical 2


Preme aquí se queres xogar e seguir aprendendo!

lunes, 15 de junio de 2020

Beethoven

Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior. 
 A súa produción inclúe os xéneros pianísticos (trinta e dúas sonatas para piano), de cámara (dezaseis cuartetos de corda, sete tríos, dez sonatas para violín e piano), vocal (lieder e unha ópera), concertante (cinco concertos para piano e orquestra, un concerto para violín e orquestra), dúas misas e orquestal (nove sinfonías, aberturas etc.), entre as que se atopa o ciclo das Nove Sinfonías.

Con todos vós a 5ª Sinfonía


 

sábado, 13 de junio de 2020

miércoles, 10 de junio de 2020

Ditado melódico-rítmico


Hoxe necesitades unha libreta de pentagramas, un lapis e unha goma. O ditado repítese tres veces.
1º Prestade moita atención e escoitade as notas que soan.
2º Debuxade o ritmo.
 3º Repasade que todo o que sona coincide co que tedes anotado.
 A continuación saberedes a solución. Aumenta a dificultade de forma progresiva. Non vale facer trampas!

NOTAS: MI- SOL




NOTAS: DO- MI- SOL


lunes, 8 de junio de 2020

Instrumentos de percusión II

Aquí vos deixo unha actividade con instrumentos de percusión 
Para 3º, 4º,5º e 6º de Primaria.

Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com

Non esquezades premer en "enviar" 


Instrumentos de percusión I

Aquí vos deixo unha sopa de letras con instrumentos de percusión 
Para 1º e 2º de Primaria.

Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com

Non esquezades premer en "enviar" 


sábado, 6 de junio de 2020

Xabier Díaz

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego. Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.
Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa JunkeraXosé Manuel BudiñoCarmen ParísAmancio PradaLuar na LubreUxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina ou Bélxica.
No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música(2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Publicou canda as Adufeiras de Salitre outros dous discos: Noró, en 2018, e As catedrais silenciadas, en 2020.
Se queres ter máis información podes visitar a súa páx web: https://xabierdiaz.com/es/
Bo fin de semana!!




martes, 2 de junio de 2020

Linguaxe musical II

Aquí vos deixo unha actividade de linguaxe musical
Para 4º,5º e 6º de Primaria.

Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com

Non esquezades premer en "enviar" 



Linguaxe musical I

Aquí vos deixo unha actividade de linguaxe musical
Para 2º e 3º de Primaria.

Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com

Non esquezades premer en "enviar" 


Lenguaje musical, una ficha interactiva de Carmenmmp
liveworksheets.com

lunes, 1 de junio de 2020

Partituras para frauta

Aquí vos deixo novas partituras para ensaiar coa frauta e as súas bases musicais.
Practicade moito e envíademe vídeo. 
Xa estamos na recta final do curso! Moito ánimo!

1. "Mary had a little lamb" para 4º curso
Preme aquí para escoitar a base musical




2. "Frère Jacques" para 5º curso
Preme aquí para escoitar a base musical




3. "Resistiré" para 6º curso
Preme aquí para escoitar a base instrumental
Preme aquí para escoitar a base musical