Neste blog atoparedes varias propostas musicais para nen@s de Educación Infantil e Primaria. A música lévate a ese mundo máxico onde eres libre de ser e sentir...
Primeiro decirvos que estou moi agradecida a tod@s pola vosa adicación, traballo e implicación. Dende que cheguei ao cole de Monterroso, no ano 2012, leveime gratas sorpresas cos alumn@s. Sempre con ganas de aprender, de mellorar e sobre todo de superarse!
Este curso ademais de ser distinto para tod@s, tócame despedirme de todos vós. Resulta unha despedida un tanto extraña, xa que o que máis me gustaría antes de irme sería recibir o voso agarimo, dos meus alumn@s; dos que cada día aprendo que o meu traballo non consiste en ensinar o que se pode aprender, senón en acender a imaxinación, incentivar a curiosidade, a creatividade...
Mil GRAZAS ás familias por animar aos vosos fillos a tocar cada día e sobre todo, por educalos con música, que para min como docente é fundamental.
Mil PARABÉNS aos meus alumn@s por adaptarse a cada unha das circunstancias, dando sempre a altura e esforzándose coas tarefas día tras día. Sodes uns campeóns, fixéstelo xenial!
Sei que me quedan as portas abertas no Ceip Plurilingüe de Monterroso e quero que saibades que podedes contar conmigo para o que necesitedes. Deséxovos a tod@s o mellor e que pasedes un FELIZ VERÁN!! xa que o tedes máis que merecido!!
Moitos bicos e apertas para toda a comunidade educativa do Ceip de Monterroso.
Que a música estea sempre presente nas vosas vidas e con ela un anaquiño do meu corazón.
Aquí vos deixo unha actividade con instrumentos de percusión Para 3º, 4º,5º e 6º de Primaria.
Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
Aquí vos deixo unha sopa de letras con instrumentos de percusión
Para 1º e 2º de Primaria. Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego. Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.
Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carmen París, Amancio Prada, Luar na Lubre, Uxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina ou Bélxica.
No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música(2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Publicou canda as Adufeiras de Salitre outros dous discos: Noró, en 2018, e As catedrais silenciadas, en 2020.
Aquí vos deixo unha actividade de linguaxe musical
Para 4º,5º e 6º de Primaria. Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
Aquí vos deixo unha actividade de linguaxe musical
Para 2º e 3º de Primaria. Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
Aquí vos deixo a habanera "Veinte años" marabillosamente interpretada por Isaac de 11 anos e Nora de 8, aficionados á música grazas ao seu paiNicolás, orixinario de Seúl, Corea do Sur.
Con letra de Guillermina Aramburú e música de María Teresa Vera, quen a cantou durante moitos anos e inmortalizouna! Interpretada entre outros por Omara Portuondo, Ibrahím Ferrer... e o 1 de xuño de 2019 por estes dous nenos franceses que a fixeron viral en internet.
Preme na seguinte imaxe e atoparás un xogo para aumentar a túa cultura musical!! Primeiro debes prestar atención e despois xogar co aprendido. Boa sorte!
Trátase de debuxar ao ritmo da canción!! Primeiro debemos aprender moi ben a canción e logo debuxamos. Podedes debuxar co que queirades: rotuladores, ceras, pinceis, lápices de cores, bolígrafos, etc. Co que máis vos apeteza e teñades á man! 1º.- Aprendemos ben a canción con esteaudio:
"Pinto la cara del sol,
pinto la cara del sol,
con muchos rayitos a su alrededor.
Un ojo, dos ojos
y un gran bocatón
y muchas pequitas cuando hace calor."
(Tita Maya)
2º.- Vemos este vídeo e practicamos o debuxo nun papel primeiro cantando nós e despois coa música do vídeo.
Fantasía é unha película de animación feita polos
estudios Disney, estreada o 13 de novembro de 1940. Precedida polo gran éxito
de Brancaneves e os sete ananos (1937) e Pinocho (1940), trátase da terceira
película de animación Disney producida por Walt Disney, e como as anteriores,
recoñécese como unha animación clásica.
A súa composición
foi un traballo experimental sen diálogos (agás as breves intervencións do
director de orquestra e Mickey Mouse) cuxo obxectivo é ilustrar ou acompañar
temas de música clásica con animación. Son oito pezas musicais, a maioría
interpretadas pola orquestra Filadelfia dirixida por Leopold Stokowski, que
acompaña sete secuencias de animación.
Con tod@s vós unha
das miñas favoritas....." O aprendiz de bruxo"
Con esta curta quero facer un pequeno homenaxe a todas as familias que vos unistedes as miñas propostas musicais. Moitos estades enviándome audios, fichas, debuxos, vídeos que o demostran. Porén, non sempre os pais sabedes/sodes músicos, pero sí estades animando aos vosos fill@s a tocar cada día e, sobre todo, estádelos educando con música, que para min, como docente, é fundamental.
Así que, sólo podo darvos as grazas!
A world with music is a wonderful one! Que teñades bo fin de semana!
Aquí vos deixo unha actividade de recoñecemento auditivo sobre animais e instrumentos musicais
Para Infantil, 1º e 2º de Primaria. Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
Aquí vos deixo algún enlace ás pezas orixinais das partituras que tocades coa frauta porque tal vez hai persoas que non coñecen as obras e así tamén vos podedes guiar por elas.
Escoitar música provoca a liberación de dopamina no noso cerebro. A dopamina é un neurotransmisor que promove sentimentos de felicidade e excitación. Algúns estudos coinciden en que as persoas poden ser mellores para resolver problemas cando se atopan nun estado de ánimo positivo en comparación con cando se atopan nun estado de ánimo negativo ou neutral. Así que pode converterse nun bo aliado ao afrontar retos no traballo ou no estudo.
Beneficios de estudar con música:
- Unha música tranquila e relaxante pode axudar aos estudantes a superar o estrés ou a ansiedade mentres estudan.
- A música de fondo pode mellorar o foco nunha tarefa proporcionando motivación e mellorando o estado de ánimo. Durante longas sesións de estudo, a música pode axudar á resistencia.
- Nalgúns casos, os estudantes descubriron que a música axuda coa memorización, creando probablemente un estado de ánimo positivo, o que indirectamente aumenta a formación de memoria.
Proposta para Infantil e 1º ciclo: Esta música relaxante é para que os nen@s pinten e se inspiren no seu traballo creativo. Usar música para pintar é un bo xeito de potenciar a creatividade!
Germán Díaz (Valladolid, 13 de decembro de 1978) é un músico español que reside en Arneiro. Compositor e intérprete de Hurdy Gurdy, considérase un dos intérpretes máis innovadores deste instrumento en Europa e algúns chamáronlle "o Jimi Hendrix of Hurdy Gurdy". É coñecido pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co baixista galego Baldo Martínez.
Preme aquí se queres ter máis información sobre os seus discos, instrumentos, talleres didácticos, etc.
Aquí vos deixo un vídeo adicado a tod@s vós!
"Para que los niños nunca dejen de cantar y de soñar cuentos... letra de Paula Carballeira: Os sete ananiños"
"Una canción para tod@s l@s niñ@s, que nos hacen mejores personas, y nos dan alivio y luz en estos tiempos inciertos"
Aquí vos deixo unha compilación de recursos para celebralas como se merecen!
Co gallo da semana das Letras Galegas, achégovos información e proposta de actividades para todos os cursos de Infantil e Primaria do Seminario Galán, por se é do voso interese. O enlace é o seguinte: http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
Un pequeno resumo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero
Proxecto educativo da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Ed,.Embora. As pitas baixo a choiva: o conto e a música
Un xogo de investigación para os maiores (5º e 6º curso)
E para rematar un preguntoiro musical moi divertido!
Unha ficha interactiva para afinar os vosos oídiños!
Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
Aquí vos deixo unha actividade nova, unha ficha interactivaque podedes facer aquí mesmo para repasar. Cando rematedes tedes que pulsar no botón "Terminado" e enviarme as respostas, introducindo o voso nome, curso, asignatura e mail: beagarclarinete@gmail.com Non esquezades premer en "enviar"
A
clarinetista lucense Paloma
Pinto Viloria, membro da Sinfonieta
de Jönköping ofrece baile e música como unha revelación no
clip da orquestra na que traballa. Aquí un párrafo da Contradanza,
escrita polo clarinetista cubano e saxofonista Paquito
D´Rivera e forma parte da actuación infantil "Canciones,
play sonidos"
Como
na orquestra non poden actuar xuntos, crearon cuartetos, pequenas
agrupacións, solistas para actuar en colexios, residencias, etc.
Paloma gravou este ensaio dunha obra que preparan para os colexios.
Sabedes
o que di cando fala no final do vídeo?
“Hola,
me llamo Paloma y soy clarinetista en la Sinfonietta de Jönköping.
Ahora estoy ensayando para una grabación que junto con dos de mis
compañeras de la orquesta, Lou y Kerstin, vamos a hacer una
producción para niños. En ella además de tocar nuestros
intrumentos, hablamos en diferentes idiomas y bailamos y... Resulta
que tocar el clarinete y bailar al mismo tiempo no es tan fácil como
yo pensaba...Creo
que necesito seguir practicando!"
Adicamos a proposta aos máis pequenos. Porén, é unha canción
que todos temos cantado, xa que moitos medramos con ela e con outras
moitas das que cantaban os famosos pallasos da Tele.
Aquí vos deixo un xogo para traballar a discriminaciónauditiva para distinguir os timbres de moitos instrumentos musicais. Queredes probar canto sabedes?
Neste Obradoiro trabállanse conceptos básicos da linguaxe musical e a interpretación vocal. Está dirixido por Esperanza Mara, música profesional, profesora, investigadora musical e monitora de musicoterapia.
Nesta primeira sesión fai fincapé no canto, o pentagrama, a intensidade, a clave de Sol, as figuras musicais, percusión corporal, pequenos instrumentos, coreografía e o protocolo a seguir para facer un concerto :1. Entrada, 2. Concentración, 3. Actuación , 4. Agradecemento e 5.Fin.
Os maios é o nome dun festival popular galego que forma parte do chamado ciclo de maio, un tempo de exaltación da natureza a principios da primavera, cuxas orixes se remontan ás civilizacións prerromanas. Adoita celebrarse ao redor do 1 de maio. Durante as festas, representacións, bailes e cancións realízanse arredor dos maios, estruturas tradicionalmente inspiradas nas figuras das árbores pero que hoxe adoptan formas máis variadas, con adornos de flores, follas e froitos.
Neste
mes tradicionalmente celebrábase por toda Galicia a festa dos Maios, en
cada zona xeográfica cunha representación diferente: así temos maios
cónicos, maios figurados, Maias, e na provincia de Lugo os Maios
humanos, xa descritos por Álvaro Cunqueiro. Este tipo de celebración
pagá, tiña como fin celebrala chegada do bo tempo, tiña un fin
propiciatorio para obter boas colleitas, afastar as inclemencias
meteorolóxicas. Tamén a chegada do florecer e espertar da nai natureza.
Había dous tipos de cantigas para cantar arredor dos maios. Son raras as composicións tradicionais (só sobreviven en Portomarín e Lourenzá), que se aprenden e repiten ano tras ano. Máis comúns son os textos que se redactaron para cada ano, recollendo feitos da actualidade e, cada vez máis, críticas políticas.
Estas coplas están impresas en follas cortadas que se venden aos asistentes. O museo de Pontevedra e a biblioteca Ben-Cho-Shey (na deputación de Ourense) contan con extensas coleccións que se cantaron ao longo do século XX. Nalgúns deles, comprobáronse os efectos da censura que modificaban os textos que a autoridade de servizo consideraba inapropiados.
Por todo isto, ahí vai o Maio, e que nesta ocasión espante a este coronavirus, e nos permita voltar a reencontrarnos todas e todos.
Que teñades un bo fin de semana!!
OMAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.