sábado, 6 de junio de 2020

Xabier Díaz

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego. Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.
Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa JunkeraXosé Manuel BudiñoCarmen ParísAmancio PradaLuar na LubreUxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina ou Bélxica.
No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música(2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Publicou canda as Adufeiras de Salitre outros dous discos: Noró, en 2018, e As catedrais silenciadas, en 2020.
Se queres ter máis información podes visitar a súa páx web: https://xabierdiaz.com/es/
Bo fin de semana!!