Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de abril de 2020

Día Internacional da Danza

En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como
 Día Internacional da Danza.

O obxetivo do Día Internacional da Danza é reunir a todos os que elixen esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a danza e a súa diversidade.
Con esta celebración búscase fomentar a participación e a atención do público sobre a importancia do arte e a cultura da danza

A mellor forma para celebrar este día é simplemente bailar. Disfrutemos da danza e a música cos nosos irmáns, pai, nai ou familiares. Intentemos bailar algo que xamais practicaramos: salsa, rumba, tango, chachachá, tap, hip hop, etc. 
Celebremos o baile con alegría!!

Busquemos vídeos ou películas relacionadas co ballet e vexámola en familia ou deixemos que os máis pequeños nos preparen un bo espectáculo. En fin, compartamos e expresémonos a través do baile. E non olvides compartir a tua experiencia conmigo!!

Dende o Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao Público (Fundación Cidade da Cultura de Galicia) tamén nos envían unha ficha didáctica para o alumnado de primaria para celebrar o Día da Danza.

Coa axuda da Raposa Fedella, presentan un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.

Así que se tes tempo, preme no seguinte enlace para acceder á ficha: