Mostrando entradas con la etiqueta comunicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2020

Contos musicais

Os contos transmiten valores importantes de forma sinxela e divertida.
Este tipo de narracións, a miúdo fantásticas, soen inspirar ilusión e ofrecernos un mundo único no que perderse, ademáis de que o momento de contalos implica un acto de comunicación positiva entre o relator e o oínte.
Existe unha gran cantidade de contos diferentes nas distintas culturas e sociedades que deixan ver diversos valores, costumes e creencias que se valoran en cada unha delas. 
A música, como toda manifestación artística, é un producto cultural con múltiples finalidades, entre outras, a de suscitar unha experiencia estética no oínte, de expresar sentimentos, emocións, circunstancias, pensamentos ou ideas, e cada vez máis, cumplir unha importante función terapéutica a través da musicoterapia. Por iso se lle añadides música aos contos teredes a mellor combinación que se pode facer xa que os contos musicais son pedagóxicos para a ensinanza musical.





Para infantil: "Violín" e "O polo Pepe".





Para os máis pequenos: "Pinocho" e "Cidade Melodía"





martes, 24 de marzo de 2020

E como din por ahí... ó mal tempo boa cara!!

Hoxe toca mover o esqueleto!!!
Aproveitade para ser profes por un día e ensinárllela a todos os da casa e así poder ter un espazo para bailar en familia!

Bailar ten repercusións favorables no organismo xa que mellora a saúde física e mental e provoca máis felicidade. A danza estimula a mente e agudiza as habilidades cognitivas en todas as idades. Cando escoitamos música sáenos de forma espontánea e case inconsciente poñernos a bailar o ritmo que marca a música porque sentimos unha gran necesidade de comunicarnos, contar historias e expresar sentimentos a través do movemento.

Para os máis cativos: Chuchuwa

O baile do sapiño

Para os medianos: O xogo da carrasquiña

Para os maiores: Dança da cirigoça